Distintas visións das Empresas 2.0
A mesa das Empresas 2.o resultou aparentemente máis amena para a franxa de idade e de intereses da xente congregada nas xornadas, quizáis tamén motivado polos poñentes-estrela da mesma (Alvy, Berto, Javier Martín ou Dani Seijo).
Realmente agradable de escoitar as distintas opinións baseadas nun mismo tema, a web tal e como se ve hoxe en día.
Daniel Seijo, facendo fincapé na creación de contidos por parte dos usuarios (curioso, xa que dos poñentes era o máis profesionalizado, probablemente). Tamén fixo especial fincapé na idea de negocio da empresa á que pertence WeblogsSL.
Berto Yáñez interviu falando de chuza!, un sitio de novas galegas que emprega un control editorial non xerárquico. Da súa creación, de como con só 30€ de investimento, unha boa idea e software libre logrou que xurdise este proxecto ó redor do cal fructificou unha ampla rede social de xente que ten en común o idioma e o interese por internet. Ademáis tratou amplamente o tema da publicidade como sustento deste tipo de proxectos 2.0.
Alvy centrou a súa charla nos distintos proxectos web 2.0 que ten entre mans ou nos que está involucrado dalgunha maneira: Strands, Internality e Fon. Fíxose eco dun interesante libro titulado Web 2.0, publicado baixo Creative Commons editado pola Fundación Orange e da man de Internality.
Javier Martín fixo un breve repaso polas start-ups con orixe en España como son Tuenti, EyeOS, Ipoki (idea galegas!) ou FaceBook. Así como o que teñen en común ditas empresas con base na internet, boa idea + capital ¿+ sorte?.
Ademáis, desta volta contamos cun amplo turno de preguntas, réplicas e contra réplicas que fixeron máis interactiva a charla, a pesares da fame que xa acuciaba
En resumo: unha boa idea + financiación (publicidade, inversións privadas, etc) + contido dirixido por e para usuarios da web e poderíamos incluir aquí tamén ó software libre son algunhas das bases de moitos dos proxectos da chamada web 2.0.
Tags: contidos, empresas, ideas, publicidade, Web 2.0