A educación e a web

Mayo 14th, 2008

Tíscar, con fermosa voz, falou da educación sobre redes sociais. As claves: máis contido xerado polo usuario; ética como educadores, ademáis, reutilizar, reciclar e compartir foron termos claves dentro da súa idea do que debería ser a nova maneira de educar, integrando as redes sociais e a web como ferramentas útiles para a docencia. Ademáis, a súa presentación, titulada Educar en y sobre las redes socialespodédela descargar directamente e baixo CC do seu blog.

Francesc Balagué falounos dalgúns exemplos prácticos de utilización de ferramentas web 2.0 para a docencia universitaria tales como blogs, foros, etc. A súa presentación Redes Sociales y educación. Aplicaciones y experiencias educativas está tamén a disposición de todos nós no seu blog.

Daniel Martí achegounos dunha maneira máis informal e cercana as súas experiencias directas sobre a utilización da rede na educación hoxe en día. No seu blog, hai uns días reflexionaba sobre estas xornadas. Falounos tamén do caso cercano de Galiza Non Se Vende, de como se vertebrou dende a web, todo un movemento reivindicativo aquí, na Galiza.

Actualización: Daniel Martí comparte con todos nós o seu slideshare coas súas presentacións. Gracias Daniel!

Distintas visións das Empresas 2.0

Mayo 14th, 2008

A mesa das Empresas 2.o resultou aparentemente máis amena para a franxa de idade e de intereses da xente congregada nas xornadas, quizáis tamén motivado polos poñentes-estrela da mesma (Alvy, Berto, Javier Martín ou Dani Seijo).

Realmente agradable de escoitar as distintas opinións baseadas nun mismo tema, a web tal e como se ve hoxe en día.

Daniel Seijo, facendo fincapé na creación de contidos por parte dos usuarios (curioso, xa que dos poñentes era o máis profesionalizado, probablemente). Tamén fixo especial fincapé na idea de negocio da empresa á que pertence WeblogsSL.

Berto Yáñez interviu falando de chuza!, un sitio de novas galegas que emprega un control editorial non xerárquico. Da súa creación, de como con só 30€ de investimento, unha boa idea e software libre logrou que xurdise este proxecto ó redor do cal fructificou unha ampla rede social de xente que ten en común o idioma e o interese por internet. Ademáis tratou amplamente o tema da publicidade como sustento deste tipo de proxectos 2.0.

Alvy centrou a súa charla nos distintos proxectos web 2.0 que ten entre mans ou nos que está involucrado dalgunha maneira: Strands, Internality e Fon. Fíxose eco dun interesante libro titulado Web 2.0, publicado baixo Creative Commons editado pola Fundación Orange e da man de Internality.

Javier Martín fixo un breve repaso polas start-ups con orixe en España como son Tuenti, EyeOS, Ipoki (idea galegas!) ou FaceBook. Así como o que teñen en común ditas empresas con base na internet, boa idea + capital ¿+ sorte?.

Ademáis, desta volta contamos cun amplo turno de preguntas, réplicas e contra réplicas que fixeron máis interactiva a charla, a pesares da fame que xa acuciaba ;-)

En resumo: unha boa idea + financiación (publicidade, inversións privadas, etc) + contido dirixido por e para usuarios da web e poderíamos incluir aquí tamén ó software libre son algunhas das bases de moitos dos proxectos da chamada web 2.0.

Presas e pintxos

Mayo 14th, 2008

Presas. Coma sempre neste tipo de xornadas, os horarios pléganse e non hai maneira de cumprir con todas as preguntas que a xente quere formular; moitas quedan no tinteiro, pero recordade que o blog destinado a preguntas quedará aberto bastante tempo co fin de responder a todas esas preguntas que vos xurdiron durante a mesa.

Pintxos. O mellor de todo nas xornadas, e non é por ese afán galego de encher o bandullo, son os pintxos/café destas xornadas. A explicación: as relacións, conversas, intercambios de opinións, presentacións, etc. Sen dúbida, son cousas coma esta as que crean comunidade, tecendo redes sociais.

Mesa de Estratexias TIC na Administración e a Universidade

Mayo 14th, 2008

Nesta mesa sairon á palestra algúns proxectos como son…:

Faitic - Servizo de teledocencia amplamente coñecido polos estudantes da Universidade de Vigo.

Uvigo.tv - Servizo de televisión por Internet prestado pola Área das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (ATIC) da Vicerreitoría de Novas Tecnoloxías e Calidade da Universidade de Vigo. Comentar que estas xornadas estanse a emitir en directo vía Uvigo.tv(streaming de video).

PumuKIT - Open Multimedia Publication System, desenrolado pola Universidade de Vigo

Nova web da Uvigo - Adaptada ó noso tempo ;-)

Torga.net - Rede trasfronteiriza de comunicacións en banda larga Galiza-Portugal (agora mesmo estase cableando a 10Gbits).

Wikipediando termos

Mayo 14th, 2008

Para meternos un pouco máis no allo, formalizaremos un pouco os termos máis representativos destas xornadas…gracias á Wikipedia, por suposto.

Unha rede social é unha rede de persoas que se pode representar mediante grafos (nodos + aristas); pero na Internet é algo máis. Segundo a wikipedia, as redes sociais baseanse na teoría dos seis grados de separación, sí, a da serie de J.J. Abrams. E para que isto se materialice fan falla tres elementos esenciais: comunidade, cooperación e comunicación. [ Wikipedia-ES, Wikipedia-EN ].

A web 2.0 é algo máis complexo de explicar. De feito non é algo formalmente definido, senón, máis ben, un concepto amplo aceptado por toda a xente metida nisto de internet. Inda que hai intentos dispersos para definila, como o de Tim O’Reilly (fundador de O’Reilly Media) e un dos gurús desto:

Web 2.0 is the business revolution in the computer industry caused by the move to the Internet as platform, and an attempt to understand the rules for success on that new platform.

[Wikipedia-EN]

Definicións hai para dar e tomar, algunhas con máis ou menos sorna…:

Todo para ir abrindo boca :)

Quecendo motores 2.0

Mayo 13th, 2008

Tócalle o turno á Universidade de Vigo, concretamente a Escola Superior de Enxeñería Informática de Ourense toma o testigo destas xornadas dobremente festivas. Festividade de Internet e Día das Letras Galegas este ano recordando ó insigne Xosé María Álvarez Blázquez. ¿Pode haber algunha data máis importante para os internautas galegos?.

Este ano a xornada promovida dende a Xunta conxuntamente coas universidades galegas toma o nome de 2.0 A nova ágora galega. Nela tentarase poñer o foco de atención no fenómeno das redes sociais en Galiza, e á aplicación das tecnoloxías web 2.0.

Como punto de partida tomaremos uns estra prestados do estudio feito por Berto Yañez (poñente nestas xornadas) e María Yañez titulado “O uso de internet nas redes sociais de Galiza“:

[...] Como dato curioso este ano 2007 o consumo de redes sociais en Internet superou ao contido para adultos.
The Economist

[...] Coa aparición de Internet a capacidade natural humana para comunicarse viuse
potenciada de tal forma que como consecuencia apareceron e evoluíron novas
formas de organización social en rede: persoas de diferentes partes do mundo,
diferente idade e diferente grupo social que compartían intereses (ou mesmo sen
eses intereses comúns, tan só gañas de comunicarse) podían formar parte dun
grupo ao mesmo nivel. Factores coma este lévannos a falar dunha certa democra tización ou horizontalidade da comunicación por Internet, que non era posíbel cos
medios dos que dispoñíamos antes. [...]

Estudo que, por certo vexo oportuno e ameno de ler e axeitadamente licenciado baixo Creative Commons.

2.0 A nova ágora galega

Mayo 12th, 2008

Segundo dinos a Wikipedia, “o ágora (do grego αγορά, mercado) era un espazo aberto que funcionaba como a praza pública das cidades-estado gregas (polis)”. As denominadas tecnoloxías 2.0 converteron Internet precisamente niso, nun espazo aberto no que xa non fan falta coñecementos técnicos ao alcance duns poucos para facer chegar a todo o mundo as nosas reflexións, ideas, fotos, vídeos, gustos, inquedanzas, risas e desgustos. O usuario de Internet xa non é pasivo, xa non é un mero consumidor de información, senon que agora é activo, a tecnoloxía permitiulle pasar a ser un xenerador de contidos, pode facer públicas con enorme facilidade as súas opinións, habilidades, inquedanzas ou iniciativas diante do mundo entero ou da súa comunidade.

A Xornada “2.0 A nova ágora galega” está adicada a falar e pensar sobre o estado actual desta web social e das posibilidades que estas tecnoloxías están a abrir en ámbitos tan diversos como o desenvolvemento de aplicacións de software libre, a educación, os negocios, ou a literatura. Pero tamén está adicada a escribir, polo que invitamos a todos os asistentes (tanto presenciais como aos que a sigan a través de UVigo TV) a compartir dende este blog as súas reflexións durante o desenvolvemento da xornada.